Ir al contenido principal

Entradas

Aprendendo a palillar 4ºESO

O alumnado da materia de Iniciación á Actividade e Inicitativa Emprendedora y Empresarial, aprendeu nocións básicas sobre a técnica de palillar para por en valor este legado cultural da nosa comarca e, tamén, para evitar a perda desta tradición.
Entradas recientes

Análise prospecto de medicamentos 4ºESO

Na materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, o alumnado de 4ºESO analizou a información recollida nos prospectos de diferentes medicamentos.  Deste forma, traballaron de xeito práctico a actitude crítica á hora do coidado persoal e a automedicación, tendo en conta que os medicamentos só se poden tomar baixo prescripción médica e seguindo unha pauta de consumo axeitada.  

Formación do profesorado: dereitos das persoas consumidoras e publicidade ilícita

 Nesta xornada, onde nos reuniumos case a metade do claustro, asistimos a unha charla impartida pola Escola Galega de Consumo e na que se trataron temas coma: a publicidade ilícita, os dereitos e deberes das persoas consumidores e resolvéronse moitas dúbidas en relación ás compras online.

Taller de relaxación con 2ºESO

Grazas a Isabel Lista, educadora social do Concello de Camariñas, polo magnífico xogo para practicar diferentes posturas de ioga e pola meditación final que fixo que o alumnado de 2ºESO conseguira focalizar á atención e relaxarse un pouquiño. Neste vídeo recóllense algunhas das fotos do encontro. Repetiremos!

Día da Terra 2022

  Hoxe celébrase o  Día da Terra  e desde o nos IES aproveitamos a ocasión para amosarvos o traballo realizado polo alumnado de 2ºESO que neste día, acabaron de plantar vexetais, plantas aromáticas e ornamentais no invernadoiro. Deixámosvos este vídeo con algunhas das fotografías de todo o proceso.

Movilizando o invernadoiro escolar 2ºESO

Primeiros pasos no invernadoiro O alumnado de 2ºESO na materia de Promoción de hábitos de vida saudables, comezou coas labores básicas no invernadoiro, aireando a terra e botando algo de abono.  

Reciclando materiais para o invernadoiro

 Nesta ocasión, o alumnado dedicouse a pintar os palés con pintura de imprimación, limpar e pintar un par de rodas vellas e tamén preparar botellas de plástico como futuros maceteiros. Vaia artistas!!